Skip to content

Presentación #redca

Este é un espazo de reunión creado por unha rede de consultores que entenden o seu traballo como un oficio e que, ademais, intentan pasalo ben exercéndoo.
É o lenzo sobre o cal pintamos ideas de todo tipo coas medidas xustas de posibilidade e lecer.
En definitiva, por dicilo tal e como o vemos, este é un Barrio de Artesanos, un espazo onde presentamos os nosos obradoiros e onde se pode conversar, colaborar ou compartir con quen aquí se atope. Un barrio para tod@s [consultores ou non] onde podes pasear agradablemente cada vez que che apeteza vir.
Anímanos a idea de ter, no futuro, unha rede aberta e ampla onde a charla flúa continuamente con novas achegas de profesionais [consultores e colaboradores] relacionade@s polos mesmos valores e pola nosa actividade.
Da cantidade de interpretacións que conleva a palabra consultoría, sinceramente, nós desenvolvemos a de sempre. É dicir, aquela destinada a solucionar problemas concretos e a mellorar as organizacións que queren adaptarse á súa contorna e ás necesidades dos equipos e persoas que traballan nelas. O trazo particular desta rede de consultores non estriba no que facemos senón no como o facemos; pero mellor pásate pola Declaración de Consultoría Artesana, onde se explica a fondo o que queremos dicir con todo isto…
Separadamente desta presentación, atoparedes unha serie de apartados relacionados co noso modo de facer, un modo que se apoia en:

  • Escoitar: onde poñemos á túa disposición unha relación permanentemente actualizada dos weblogs que lemos a diario os integrantes desta rede.
  • Conversar: nos nosos respectivos blogs, a partir daqueles artigos que sobre consultoría imos publicando.
  • Colaborar: en proxectos que presentamos aquí, para compartir o noso xeito de facer e os nosos métodos, experiencia e coñecementos.
  • Re[d]lacionarse: coñecernos mellor, quen é quen, a que nos dedicamos cada un@ de nosotr@s, etc…

Unha cousa convén que saibas: este é un espazo en permanente construción (o da beta permanente) xa que, os que o subscribimos, pensamos que a mellor idea está sempre por vir e a que se nos ocorre agora seguramente terá que ver con iso.