A declaración
Somos profesionais que traballamos polo cambio e mellora das organizacións, un traballo que adoita englobarse baixo o término de consultoría. A esta denominación engadímoslle un adxectivo que representa un atributo diferencial: facemos consultoría artesana. Definímonos como estruturas simples e autónomas, obradoiros máis que fábricas onde abordamos proxectos de dimensión humana.
A consultoría artesana é unha alternativa ao xeito dominante de facer consultoría que aporta novas perspectivas, enfoques e valores á hora de abordar o cambio nas organizacións. Defínese, polo tanto, mediante estes rasgos de identidade:
- Traballamos coas persoas. O coñecemento, a ilusión e toda a enerxía necesaria para o cambio e mellora residen nas persoas, unha a unha, pero tamén organizadas e en equipo. Por iso, máis aló de clientes, dicimos que traballamos con persoas e non con corporacións.
- Gústanos o noso traballo. A nosa materia prima é o coñecemento, algo que non se xera con horario fixo ou en espazos concretos. Por iso é polo que non establecemos ríxidas separacións entre o noso labor de consultoría e outras facetas da nosa vida. Integramos o noso traballo como unha actividade máis do noso quefacer cotiá.
- Colaboramos de xeito aberto. Con cada caso e proxecto xeramos coñecemento, pero o noso valor non reside en atesouralo, nin en métodos e técnicas privativas a resgardo de clientes e doutros profesionais, senón en abrilo á nosa comunidade.
- Somos rede, que en boa parte reflíctese e apoia nos nosos blogs e nos medios sociais en que participamos. A través destas canles distribuímos e compartimos coñecementos, ideas e inquedanzas.
- Somos unha comunidade de práctica na que aprendemos a través de conversacións entre iguais, cuxo fundamento non está tanto no que senón no como.
Estas características esenciais tradúcense nas seguintes prácticas:
- Buscamos imprimir carácter e sentido persoal ao que facemos, de maneira que cada caso é un proxecto novo. Nel incorporamos a nosa materia prima, o coñecemento aberto, así como a aprendizaxe anterior e a experiencia renovada. Neste marco, innovar non é unha actividade instrumental senón un imperativo implícito.
- Aprendemos a través da experimentación e do erro, da desviación e da corrección do rumbo planificado, e renovámonos con cada traballo. Xa que a aprendizaxe sucede antes, durante e logo de cada proxecto, a acción e a revisión resultan imprescindibles para aportar solucións.
- Buscamos divertirnos con cada traballo porque para ancorar e asimilar as aprendizaxes é fundamental a ilusión e a emoción polo traballo ben feito. Por iso compartimos esta paixón coas persoas coas que colaboramos.
- A diversidad é unha das nosas principais riquezas porque traballamos con persoas e aprendemos do diferente, non tanto do coñecido. Incorporamos á nosa rede a quen poden aportar coñecemento, ideas e experiencia en sintonía co xeito de facer propia da consultoría artesana.
- Confiamos na meritocracia como vía de desenvolvemento. Ser parte dunha rede posibilita buscar, para cada proxecto, as persoas e os coñecementos idóneos, porque a prioridad reside en que o proxecto culmine con éxito. Sabemos que isto é o mellor para nosa reputación e fiabilidad a longo prazo e para construír relacións de confianza cos nosos clientes.
- Abogamos por modelos non invasivos de achegamento aos clientes, que se baseen en prescripcións e referencias de proxectos anteriores como mellor carta de presentación.
Os nosos proxectos son os nosos obradoiros e cada resultado unha peza singular, consecuencia natural de ser desenvolvida nun momento único, grazas á experiencia renovada e ao coñecemento conxunto e compartido. Esta particular manufactura só é posible desde algúns valores que consideramos básicos:
- Franqueza. Traballar con persoas no mesmo plano de colaboración facilítanos dicir que non cando por ética ou viabilidad o proxecto non nos convence. Ademais, permítenos advertir mellor o erro na ejecución de calquera proxecto.
- Pragmatismo que permite conciliar a vocación polo traballo ben feito coas circunstancias e requerimientos de cada proxecto, de maneira que o mellor logro sexa, tamén, o logro posible.
- Simplicidade que nos aporta concreción e capacidade de reacción. Articulamos calquera estratexia a longo prazo mediante aproximacións sucesivas que facilitan o coñecemento progresivo e mutuo coas persoas coas que traballamos.
- Sobriedade en infraestructuras e recursos, compromiso co open source e co coñecemento libre.
- Re(d)lación de confianza e perdurable que xorde de traballar con persoas e implica establecer relacións máis aló das contractuais do proxecto. En definitiva, incorporar a esas persoas á nosa rede.
Quen propoñemos esta declaración, os seus rasgos de identidade, prácticas e valores, organizámonos mediante obradoiros. O Obradoiro concreta e dá sentido á nosa rede aberta de consultoría artesana. Defínese como unha plataforma de re(d)lación na que colaboramos profesionais da consultoría, clientes e outras persoas interesadas. O obradoiro incorpora recursos, coñecementos, ideas e inquedanzas que proveñen da práctica profesional e ábreos a toda a nosa comunidade.
Alfonso Alcántara, José Miguel Bolívar, Anna Cabanas, Vicent González, Julen Iturbe-Ormaetxe, Carmen Jasanada, Manel Muntada, Nacho Muñoz, Dolors Reig, Amalio A. Rei, Miquel Rodríguez, María Jesús Saído, Luís (tic616)
26 de xaneiro de 2010




Trackbacks and Pingbacks
Comments are closed.